Premio internacional para David Pintor

O noso socio David Pintor acaba de ser galardoado polas súas ilustracións para o libro Gulliver’s Travels, da editorial coreana Agaworld, editado en España en galego e castelán por Bululú. En concreto, foille outorgado un dos premios especiais do xurado do Concurso Internacional de Ilustración do Festival Nami Island, en Corea do Sur.

No certame participaron máis de 600 propostas de ilustradores dos cinco continentes. As ilustracións premiadas estarán expostas entre o 25 de abril e o 31 de maio, durante a sexta edición do Festival do Libro Ilustrado de Nami Island, e editarase un catálogo cos ilustradores premiados.

Compartir