Premio Nacional de Ilustración para Emilio Urberuaga

Este luns foi outorgado o Premio Nacional de Ilustración 2011 a Emilio Urberuaga, polo conxunto da súa obra. O premio, dotado con 20.000 euros, é concedido anualmente polo Ministerio de Cultura «co obxectivo de recoñecer e distinguir o conxunto do labor realizado por un ilustrador español no ámbito do libro e das letras españolas».

Emilio Urberuaga (Madrid, 1954) é popular por ser o creador da imaxe do personaxe Manolito Gafotas, aínda que a súa obra se estende a unha longa lista de títulos de literatura infantil e xuvenil publicados desde 1982. Ten obra no Gabinete de Estampas da Biblioteca Nacional, a Fundación Juan March e o Chihiro Art Museum de Tokio, onde é o único ilustrador español con obra representada.

O xurado foi presidido por Rogelio Blanco, director xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas, e compuesto por Mónica Fernández, subdirectora xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas; Carme Juliá, designada pola APIC; Miguel Cruz (Creumont), pola APIV; Teresa González, pola APIM; Óscar Villán, pola AGPI; Nuria Hernández, pola APIE-EIEP; Pablo Auladell, por FADIP; Javier Fierro, pola Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI); Carmen Laffón, pola Real Academia de Bellas Artes de San Fernando; Sonia Pulido, pola Ministra de Cultura; e Miguel Calatayud, galardoado na edición de 2009.

Compartir