O próximo luns, 16 de maio, ás 20:00 h, terá lugar no Kiosco Alfonso (Xardíns de Méndez Núñez 3, 15006 A Coruña) a presentación á prensa e ao público xeral da Guía AGPI Ilustración 2011, editada co apoio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
O volume, que continúa o proxecto iniciado en 2008 coa primeira Guía AGPI, inclúe ilustracións de máis dun centenar de ilustradores e ilustradoras da nosa comunidade, e foi enviado xa a máis de duascentas empresas de Galicia e do resto do Estado. Con esta publicación preténdese unha mellor difusión e promoción dos e das profesionais galegos da ilustración.
O acto, que contará coa presenza do presidente da AGPI, Santy Gutiérrez, enmárcase dentro das actividades da Festa do Libro, organizada pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña nos Xardíns de Méndez Núñez da cidade herculina.
A entrada é libre e gratuíta.