Presentación das novas obras de David Rubín
na Coruña

Hoxe, venres 14, a partir das 19:00 h, o noso socio David Rubín presenta as súas últimas novidades editoriais: a edición española do primeiro volume de The Rise of Aurora West, titulada El momento de Aurora West — Vol. 1, e Las tripas del Héroe 2 (a edición das páxinas a lapis do segundo tomo de El Héroe).

Será na libraría Alita Comics Orzán (rúa Orzán 94, 15003 A Coruña), e dará comezo a unha xira de presentacións por toda a xeografía española, que será anunciada en breve.

Compartir