Presentación de ‘11 maneras de llegar a la Luna’

Hoxe, venres 20, a partir das 19:00 h, o noso socio Augusto Metztli organiza unha «quedada-presentación» do seu primeiro álbum ilustrado, 11 maneras de llegar a la Luna, publicado dentro do seu selo Tazalunarbooks.com a través dun proxecto de crowdfunding da plataforma Verkami.

No acto entregaranse os libros e demais recompensas a todos os que apoiaron o proxecto na plataforma, e haberá unha charla sobre a obra para todos aqueles que queiran coñecela. Pode verse un tráiler do libro nesta ligazón.

O acto será en Tlapaltic (rúa de Edelmiro Trillo 19-1º C, 36600 Vilagarcía de Arousa).

Compartir