Presentación de ‘A Estrela de Oriente’, ilustrado por Marcos Calo

O escritor e xornalista Pemón Bouzas presenta hoxe, día 21, a súa novela xuvenil A Estrela de Oriente (Unha historia dos Reis Magos), editada por Xerais. A obra achégase a «un dos grandes mitos de Occidente», e está ilustrada polo noso socio Marcos Calo.

O acto de presentación será ás 20:00 h na Libraría Couceiro (praza de Cervantes 6, 15704 Santiago de Compostela), e contará coa participación do autor e mais a do director de Xerais, Manuel Bragado.

Compartir