O xoves 19 de Xuño a AGPI fixo unha presentación pública da asociación no foro da FNAC da Coruña. Manel Cráneo, Javi Montes e Santy Gutiérrez repasaron a traxectoria da AGPI nestes 4 anos e medio dende a súa re-fundación, e defenderon ante un auditorio completo os seus principios fundacionais e as súas principais liñas de acción na defensa do autor e na promoción e dignificación da profesión. A charla informativa dos nosos propósitos completouse coa proxección de varias montaxes audiovisuais das exposicións que a AGPI organizou durante este tempo. O acto saldouse con grande éxito de audiencia e a presenza dos medios.