Presentación de ‘Aventuras de un oficinista japonés’ en Ourense

O álbum Aventuras de un oficinista japonés, de José Domingo —candidato ao premio á mellor obra nacional do 30.º Saló del Còmic de Barcelona—, presentarase mañá, 17 de marzo, ás 19:00 h, na Librería Sindicato del Cómic (rúa Doutor Marañón, 15, 32005 Ourense).

O seu autor participará na presentación, e posteriormente nunha sesión de sinaturas para o público asistente.

Compartir