Presentación de ‘Aventuras de un oficinista japonés’

Finalmente, será antes do Salón do Cómic de Zaragoza (como se adiantaba desde esta mesma web hai uns días) cando José Domingo faga a primeira presentación pública do seu novo libro de cómic, Aventuras de un oficinista japonés. En concreto, o lanzamento será este xoves, día 15, a partir das 20:00, na libraría Alita Cómics (rúa do Orzán 110 B, 15003 A Coruña).

O libro acaba de chegar ás tendas esta mesma semana, e onte a web Entrecomics lle dedicaba unha extensa entrevista ao seu autor.

Compartir