Presentación de ‘Historias de Betanzos’,
de Xosé Tomás

Esta tarde preséntase a primeira entrega de Historias de Betanzos, un proxecto en que o noso socio Xosé Tomás leva a traballar desde hai máis de dez anos.

Trátase de historias en banda deseñada, con debuxo e guión a cargo de Xosé, mais con documentación histórica preparada por José Raimundo Núñez-Varela, cronista oficial de Betanzos. O libro vai acompañado dun caderniño de traballo para rapaces, que afonda en contidos históricos, e de maneira especial na banda deseñada, no debuxo, na creación de personaxes, etcétera.

A presentación é hoxe, venres 27, ás 20:30, no edificio Liceo de Betanzos (praza de Galicia 2, Betanzos, A Coruña).

Compartir