Presentación de ‘La luz’, de Antonio Seijas

A última novela gráfica do noso socio Antonio Seijas, titulada La luz, tivo xa o seu primeiro lanzamento o pasado día 8 en Ferrol, e este venres, día 14, será presentada na libraría Madrid Cómics (c/ Silva 17, 28004 Madrid), ás 19:30 h.

A obra está prologada polo estudoso dos cómics Álvaro Pons, e pode verse un adianto das súas páxinas neste vídeo.

Tamén en Madrid, mañá, día 12, Antonio Seijas abre unha exposición das súas ilustracións para discos, ademais doutras imaxes persoais. Será en Ramsés (plaza de la Independencia 4, 28001 Madrid), e a inauguración, entre as 20:00 e as 23:30 h, contará con petiscos e a actuación de DJ Goya.

Compartir