Presentación de Os Lo Lobos de Moeche, de Manel Cráneo

Este sábado 4 de abril, as 20:00 horas en Alita Cómics (Rda. de Nelle) Coruña, festa presentación de Os Lobos de Moeche coa presenza de Miguel Teixido (Euroeume) e do autor da obra Manel Cráneo.
Os asistentes poderán disfrutar tamén do ritual da queimada, o conxuro correrá a cargo do actor Pablo Sánchez. Ademáis haberá sorteos e outras sorpresas.

OS LOBOS DE MOECHE

Os Lobos de Moche o edita Demo Editorial e supón a primeira banda deseñada sobre as revoltas irmandiñas.
A aventura gráfica narra as memorias de Martín de Ferreira, un mozo da idade media que rematará convertíndose nun home do renacemento. A historia ten como telón de fondo as guerras irmandiñas de finais do século XV, onde o personaxe principal e o seu irmán, Lopo,  veránse direitamente implicados nesta revolta social cruzándose con personaxes históricos como o lider irmandiño Alonso de Lanzós, o Conde de Lemos ou os Señores de Andrade.
A obra mistura intriga, acción e unha gran carga dramática na liña dos grandes clásicos de aventura de xénero histórico.

MANEL CRÁNEO

O autor leva máis de 15 anos publicando historias curtas. Neste tempo colaborou con diferentes revistas e fanzines en Galicia e a nivel estatal. No 2007 publicou o album Damsmittt (Ed.Dibbuks) con guión de Kike Benlloch. Este é o seu primeiro album como autor completo.

Compartir