Presentación de ‘Sálpock’ na Coruña

A
libraría
Alita
Cómics
(rúa do Orzán 110 B,
15003 A Coruña)
acollerá mañá, venres día 20, ás 19:00 h, a
presentación do novo libro de BD de
Álvaro
López
e Luis
Sendón,
Sálpock
— O val dos Cegos.

O
volume, que inaugura a nova serie
«HäinöS» de Demo Editorial,
é a primeira entrega dunha historia de fantasía e aventura, e foi
finalista do Premio Castelao de Banda Deseñada 2011.

No
acto de lanzamento estarán os seus autores e mais o editor,
Manel
Cráneo,
e ao finalizar haberá unha sesión de sinaturas para todo o público
interesado.

Actualización: O sábado 21, ás 19:00, os autores tamén asinarán exemplares da obra na Festa do Libro da Coruña (xardíns de Méndez Núñez), na caseta de Alita Cómics.

Compartir