Presentación do novo traballo de Fran Bueno, Premio Castelao de BD

Mañá, sábado día 8, ás 18:00 h, na Librería Banda Deseñada (rúa Cataluña 27, 36206 Vigo) terá lugar o acto de presentación do libro Catálogo oneroso de beleza gratuíta, do noso socio Fran Bueno, que asinará exemplares para o público presente.

Esta obra gañou o VIII Premio Castelao de Banda Deseñada, outorgado pola Deputación da Coruña, que nesta ocasión é ademais a encargada da súa edición.

Compartir