Presentacións da BD ‘A Torre dos Mouros’

A Torre dos Mouros, a BD creada polo noso socio Manel Cráneo como parte do proxecto arqueolóxico Torre dos Mouros para a divulgación das primeiras conclusións das investigacións desenvolvidas na primeira campaña, terá a súa primeira presentación pública hoxe, 30 de novembro, en Carnota (onde está localizado o xacemento).

Será no salón de actos do concello (praza de San Gregorio 19, 15293 Carnota), ás 19:30 h. O acto  contará coa presenza de Manuel Gago, periodista e historiador, Antón Malde, arqueólogo (ambos os dous, asesores históricos da BD) e Manel Cráneo, autor e editor da obra.

Todos eles estarán tamen nas seguintes presentacións, que terán lugar, respectivamente, o xoves 13 de decembro ás 20:00 h na Biblioteca Ánxel Casal (avenida de Xoán XXIII s/n, 15704 Santiago de Compostela), e o venres 14 ás 20:00 h no Pub Dublín (rúa das Panadeiras 50, 15001 A Coruña).

A Torre dos Mouros é unha banda deseñada histórica de 16 páxinas que se distribuirá conxuntamente coa segunda edición do álbum Os Lobos de Moeche, tamén da autoría de Manel Cráneo.

Compartir