Presentacións de Demo Editorial na fin de semana

As dúas últimas publicacións de Demo, a casa editora promovida por Manel Cráneo, teñen organizados diversos actos de presentación esta fin de semana.

Por unha
parte, Castelao: O pobre tolo, de Inacio e Iván Suárez —cuxo tráiler pode verse ilustrando esta
noticia— terá un acto de lanzamento na libraría Sindicato del Cómic (rúa Doutor Marañón 15, 32005 Ourense), o venres, día 25, ás 18:00 h. O día seguinte, sábado 26, ás 20:00 h, a presentación será na Fundación
Vicente Risco
(rúa San Lourenzo
3, 32660 Allariz).

Pola súa parte, Sálpock: O val dos Cegos, de Álvaro López e Luis Sendón, será presentado o domingo 27, ás
16:00 h,
no ExpOtaku da Coruña (en Expocoruña, avenida da Universidade
s/n, 15008 A Coruña
),
e a continuación haberá unha sesión de sinaturas.

Compartir