A novela gráfica Os días do cometa, do escritor e xornalista Manolo López Poy e o noso socio Miguel Fernández, preséntase esta fin de semana en tres lugares da xeografía galega, coa presenza dos seus autores.
Así, mañá, venres 3 de maio, o acto de lanzamento será na Libraría Paz (rúa da Peregrina 29, 36001 Pontevedra), as 18:30 h. O sábado, ás 12:30 h, na Libraría Totem (praza de S. Domingo 3, galerías, 27001 Lugo), e ás 21:30 h no Pub Cómic (rúa Rías Baixas 7, 27600 Sarria).
Actualización: o venres 10 de maio os autores estarán a presentar o libro tamén en Lalín. Pola mañá, ás 10:30 h, nunha charla no EIS Ramón María Aller, e pola tarde, ás 19:00 h, na Libraría Vagalume (rúa D, n.º 20, 36500 Lalín).