Presentacións de Van Durán

A nosa socia Van Durán publicou recentemente súa nova obra de banda deseñada, El esclavo de la rosa, con guión do catalán Javi Cuho. O traballo, publicado pola editorial Nowevolution, presentarase na libraría A Gata Tola (avda. Romero Donallo 9, 15704 Santiago de Compostela) o sábado 26 de marzo ás 18:30 h.

Así mesmo, o venres 1 de abril, ás 19:00 h, acudirá á libraría Otaku Center (rúa do Arcebispo Malvar, 3
36002 Pontevedra),
onde, ademais dunha charla sobre o cómic, asinará exemplares do seu libro, e os asistentes poderán levar unha ilustración a cor de regalo.

Compartir