Manolo López Poy e Miguel Fernández presentarán estes días en Galicia a súa obra El hijo de la ira, versión castelá da novela gráfica O fillo da furia publicada en colaboración por Demo Editorial e Diábolo Ediciones, que inclúe un anexo con contidos extras e material inédito.
Despois de ter feito presentacións desta nova versión en Madrid e Sevilla, os autores estarán mañá, venres 24 de febreiro, na libraría Totem (praza de S. Domingo 3, galerías, 27001 Lugo), e o venres 2 de marzo na libraría Kómic (rúa de San Pedro de Mezonzo 34, 15701 Santiago de Compostela), en ambos os casos ás 18:00 h.