Barsowia alcanza co seu número 11 un novo récord de páxinas, até alcanzar o centenar. A revista que publica cómics de máis autores galegos do mundo mundial presenta novas asinaturas, tanto autóctonas como foráneas. Á parte dun pleno dos doce membros do colectivo Polaqia, dáselle unha especial benvida a novos contribuíntes:
- Miquel Rof, debuxante barcelonés, é responsable da revista electrónica “L’Etapa Groga” (A Etapa Amarela), que xa leva dez números e o ano pasado foi finalista dos Premios Junceda da FAD e da APIC.
- Ana Galván é unha artista murciana que traballa en Madrid no eido do deseño e publicidade.
- Luís Bustos é un autor madrileño que ven de sacar o seu último álbum “Zorgo” na editorial Dibbuks, foi colaborador da revista “Míster K” de El Jueves.
- Malota é o nome artístico da ilustradora Mar Hernández.
- Xurxo Penalta é un debuxante coruñés licenciado en Belas Artes, e Master en Estudos Visuais pola Minneapolis College of Art and Design, EEUU.
– Jorge García é o guionista das novelas gráficas “Cuerda de presas” e “Hacerse nadie”, ademais colabora para “El Manglar” e “BD Banda”. - Sagar Forniés é o debuxante do álbum “Bajo la piel”, editado por Astiberri. É colaborador da revista Humo e profesor da escola JOSO.
- Richard Câmara é un artista portugués, nado en Bruxelas e afincado actualmente en Madrid, que colabora entre outros en “Argh”.
- David Soares, guionista luso, é coautor do álbum “Mr. Burroughs”.
É un verdadeiro luxo contar con todos eles e recibir outra volta aos magníficos colaboradores: Paulo Monteiro (“Venham+5”), Mario Feal (“Mondo Brutto”), Manel Cráneo (“Dámsmitt”), Susa Monteiro (“Rodapé”), Esteban Hernández (“Usted”), Michael Bonfiglio (“Top Shelf: Under the big top”).
Listado alfabético completo de autores do Barsowia nº11:
Kike Benlloch, Bernal, Diego Blanco, Michael Bonfiglio, Luís Bustos, Richard Câmara, Hugo Covelo, Sergio Covelo, Manel Cráneo, José Domingo, Mario Feal, Sagar Forniés , Ana Galvañ, Jorge García, Esteban Hernández, Álvaro López, Malota, Paulo Monteiro, Susa Monteiro, Xurxo Penalta, Emma Ríos, Brais Rodríguez, Miquel Rof, Roque Romero, David Rubín, Luís Sendón, David Soares