Hoxe preséntase en Santiago de Compostela o libro Arte e ciencia en Galicia. A ilustración científica e técnica, do profesor Francisco Díaz-Fierros. O libro reivindica a importancia crucial da ilustración gráfica para o avance histórico do saber científico. Segundo o autor, a presenza da ilustración nas obras técnicas e de ciencia consegue «a mellor
comprensión polo efecto combinado das palabras e as imaxes, sen que sexa
fácil moitas veces distinguir cal das dúas formas de comunicación —verbal e visual— é o apoio da outra».
Neste artigo de La Voz de Galicia pode obterse máis información e algúns dos exemplos de ilustración científica galega incluídos no volume.