Primeiro «Combate de Debuxantes» en Vigo


Deseño do cartel: Sergio Covelo
A AGPI volve organizar un Combate de Debuxantes (a primeira ocasión foi en agosto do ano pasado, coincidindo co festival Viñetas desde o Atlántico), desta vez en Vigo, mañá, venres 20 de xuño. O Combate de Debuxantes é un evento lúdico, en que oito contendentes se enfrontan
ilustrando en gran formato e con tempo limitado conceptos ao azar, elixidos polo o público, que tamén decide, mediante votación, o gañador de cada contenda.

Os participantes desta edición viguesa do Combate de Debuxantes serán Helena Machado, Hugo Covelo, Ángela Curro, Jano, Alberto Abal, Rubén Vila, Federico García e Laura Comesaña.

O local será La Fiesta de los Maniquíes (rúa Rogelio Abalde 11, 36201 Vigo), a partir das 22:30 h, e a entrada será libre e gratuíta.

Compartir