Proxecto de ‘crowdfunding’ de Eva Agra

A nosa socia Eva Agra é a autora das ilustracións de “Mulleres Bravas da nosa historia”, unha colección de libros infantís orientados a dar a coñecer unha serie de mulleres exemplares da historia da Galiza. Un proxecto para o que están recadando fondos desde a plataforma Verkami.

Todos os libros contarán coas ilustracións de Eva Agra e texto de diferentes autoras de renome, como María Lado, Eli Ríos, Elvira Ribeiro, Ledicia Costas, María Reimóndez

Urco Editora está detrás desta campaña de crowfunding. Colaborando coa campaña recibiredes
os títulos que queirades, acompañados por marabillosos premios e, o máis
importante, axudaredes a facer realidade un proxecto moi necesario para a nosa
sociedade.

Compartir