Proxecto de ‘crowdfunding’ para o libro
‘50 ilustradores gallegos actuales: IlustraDots’

A revista Dot Magazine está a promover a edición dun libro sobre a ilustración en Galicia, para celebrar os dez anos que a publicación cumprirá en 2015. O volume, titulado 50 ilustradores gallegos actuales: IlustraDots, iniciou unha campaña de financiamento colectivo mediante crowdfunding na plataforma Verkami, e nel estarán incluídos, se finalmente o proxecto pode materializarse, os nosos socios Carlos Arrojo, Michel Casado, Sergio Covelo, Nuria Díaz, Federico Fernández, Alberto García Ariza, Silvia García, David Pintor, Bernal Prieto, David Rubín, Alberto Vázquez e Óscar Villán.

Aínda quedan 28 días para que calquera persoa interesada poida facer achegas económicas —a cambio de diversas recompensas— ao proxecto, que case ten conseguido a metade do orzamento buscado.

Compartir