![Fotografía de avatar](https://agpi.es/wp-content/uploads/2022/12/BENVIDOS_agpi-copia-300x300.jpg)
Blanca Millán
Nacín en 1991 nunha pequena aldea de Touro.
Dende ben pequerrecha, debecía polos lapis de cores e o papel. Pinto dende que teño memoria e ilustro contos dende que son nai.
Gradueime en Belas Artes na Universidade de Vigo, e posteriormente fixen un mestrado en Libro Ilustrado.
As miñas primeiras publicacións chegaron no 2017 con MANUELA e A MAXIA DE MAMÁ, e dende entón xa van máis de 40 títulos en galego, castelán, inglés, chinés e polaco. Na actualidade sigo a ilustrar novos contos no meu pequeno estudio.