BD-Tokio: GOL

Descrición do proxecto:

GOL, AVENTURAS NO MAR de Tokio en Demo Editorial

Tokio está de volta coa terceira obra. “Gol” é un golfiño que divertirá aos máis pequenos e a toda a familia transmitindo unha mensaxe ecolóxica de respecto cara as especies mariñas e o seu entorno en forma de historietas humorísticas. A publicación está editada coa colaboración de CEMMA e estará en xuño en todas as librarías galegas.

SINOPSE:

Durante os últimos anos, combinei a miña faceta de biólogo mariño en CEMMA coa de ilustrador e autor de banda deseñada. A intensa actividade no rescate de cetáceos nas costas galegas levoume a desenvolver a serie de historietas autoconclusivas Gol, coa clara intención de divulgar unha mensaxe ecolóxica e de complicidade coa fauna mariña a través do humor visual. As historias de Gol están destinadas a todos os públicos e especialmente ao infantil, xa que na infancia está a semente dun mundo que mellore a relación da humanidade coa natureza, xa que nós mesmas somos natureza.

 


Autor: Alfredo López (Tokio)
Categorías: Cómic ,


Compartir