Descrición do proxecto:
A causa do crime de Demo Editorial.
Vigo, 1984. Xusto antes da primeira folga xeral galega, a explosión dunha bomba durante unha entrega de premios oficial fai sospeitar á policía sobre Alba, que está a traballar nese momento no lugar dos feitos. Para demostrar a súa inocencia, Alba iniciará a súa pescuda cun veterano sindicalista, e ambos acabarán descubrindo unhas implicacións moi distintas ás das investigacións policiais.
Unha obra de ficción de importante carga política, que se publicou inicialmente por entregas en 1987, no xornal A Peneira. Recuperada agora con nova aparencia gráfica e argumento ampliado, supón unha ollada xenuína ás inquedanzas de boa parte da sociedade galega dos oitenta.
Autor: Alfredo López (Tokio)
Categorías: Cómic ,