Benxamín, o cachalote que quería ser golfiño.

Descrición do proxecto:

Álbume ilustrado con texto de Paula Carballeira e editado por Triqueta Verde Editora (2019).

Na illa de Ons vive Benxamín, un pequeno cachalote que devece por saltar, cantar e recitar poesía. Benxamín quere ser coma os golfiños que son os únicos que o fan. Pero, por máis que Benxamín o intenta, só a súa amiga, a tartaruga Minerva, que aínda que lle chaman boba é moi lista, o escoita e lle sorrí. Un día, Benxamín enferma de tristura, e todas as gaivotas escuras, os araos, os ratos desde as tobeiras e ata os morcegos desde as covas están moi preocupados. Coa axuda da súa amiga Minerva argallan un plan para que Benxamín volva estar alegre e contento.

ISBN galego: 9788494923128

ISBN castelán: ISBN:  9788494923135

 


Autor: Blanca Millán
Categorías: Editorial/Prensa , Infantil/Xuvenil , Libro ilustrado ,


Compartir