Compostela, camiño de pedra – BD

Descrición do proxecto:

“Compostela, camiño de pedra”. Banda deseñada con guión de Paco Abelleira e Carlos Blanco e debuxo de Iván Mouronte, publicada a finais de 2015 por Inquedanzas Publicitarias para Turismo do Concello de Santiago de Compostela.

Con personaxes da película de animación stop motion de Fernando Cortizo “O Apóstolo”, aparecen representados actores como Manuel Manquiña, Isabel Blanco, Luis Tosar ou Carlos Blanco entre outros.

As páxinas desta banda deseñada desenvólvense en lugares tan sinalados de Santiago de Compostela como a catedral, co Pórtico da Gloria e o botafumeiro, as prazas que a rodean (Obradoiro, Quintana, Praterías), o museo do Pobo Galego ou o mercado de abastos.


Autor: Iván Mouronte
Categorías: Cómic , Publicidade , Retrato/Caricaturas ,


Compartir