DESEÑO EDICIÓN ESPECIAL PACKAGING FEIRACO

Descrición do proxecto:

Creación de gráfica para a edición especial de Entroido ilustrada do packaging (bricks e caixas) de leite Feiraco. Para realizar este deseño inspireime nas tradicionais máscaras e elementos característicos do Entroido da provincia de Ourense, onde é un dos acontecementos máis relevantes do ano. As Pantallas de Xinzo, os Cigarróns de Verín e a Morena de Laza serviron como base para realizar esta colección na que tres cores diferenciaban as tres clases de produto: leite enteiro, semidesnatado e desnatado. Outros elementos como a sardiña do mércores de cinza, antifaces e confetti completaron o estampado que se utilizou na páxina web de Feiraco durante o mes do entroido, así como na campaña publicitaria (mupis) en diferentes cidades e vilas galegas.  Ademáis realizáronse máscaras troqueladas que se incluían como regalo ó mercar un pack de 6 bricks.

 

 

 



Autor: Iria Prol
Categorías: Packaging ,


Compartir