![Fotografía de avatar](https://agpi.es/wp-content/uploads/2023/10/logo_car-300x300.png)
Carmen Pintos
Carmen Pintos é unha creativa freelance especializada en animación 2D e ilustración. Crea storyboards, animáticas, deseño de personaxes e animación 2D para vídeos educativos e publicitarios, tamén desenvolve proxectos de ilustración aplicados á papelería, espazos e obxectos. O debuxo, a ilustración e o movemento son as súas armas para crear e narrar, unha práctica ancestral que non deixamos de necesitar.