Ferreñas & Rock’n’roll

Descrición do proxecto:

Ferreñas & Rock’n’roll recolle a historia de 31 músicas e bandas femininas pioneiras e senlleiras do século XX. Galardoado co Premio Luísa Villalta de Proxectos Culturais pola Igualdade, da Deputación da Coruña, foi a primeira vez onde a autora de Músicas Galegas Ilustradas puido traballar con máis xente: Iria Pedreira redactando os textos e Baía como editorial.

A idea deste traballo foi unha evolución do proxecto de Laura Romero, Músicas Galegas Ilustradas, co que trata de dar visibilidade ás mulleres do panorama musical galego actual. O libro céntrase en 31 mulleres e bandas de mulleres que foron pioneiras ou representativas nalgún punto do século XX (a excepción da música que abre o libro, que vive no século XIX).

A escritora e filóloga Iria Pedreira foi a encargada de darlle forma ós textos. Baía é quen edita. Laura Romero, paralelamente a Músicas Galegas Ilustradas, percorreu Galicia durante meses para recompilar datos e falar en persoa con moitas das músicas e algún familiar e amigo próximo a elas. Tamén foi quen ilustra o traballo.


Autor: Laura Romero
Categorías: Libro ilustrado , Retrato/Caricaturas ,


Compartir