II LIBRO PARA PINTAR EN GALEGO

Descrición do proxecto:

II Libro Para Pintar En Galego é a segunda entrega dos libros de colorear de  Deica! Creacións . Unha nova selección de Ilustracións de Iria Ribadomar que veñen a sumarse ás recollidas no primeiro: Un Libro Para Pintar en Galego

Este libro contén: Pementos dos que pican e pementos dos que non, sardiñas, vacas, os raxos dun polbo, un toxo, un lique, unha silva con amoras, unha pega, unha gaivota, un millo con aires modernistas e unha verza que vive nun capacho.

Deica! Creacións é un proxecto creativo inspirado na cultura galega. Complementos ilustrados e obra gráfica con ilustracións de Iria Ribadomar.

 


Autor: Iria Ribadomar
Categorías: Infantil/Xuvenil , Libro ilustrado , Merchandising Produto ,


Compartir