METAMORFOSIS ANIMAL

Descrición do proxecto:

ONDE FAUNA E FLORA COEXISTEN EN ARMONÍA

“Metamorfosis Animal” acrílico sobre papel

“Rafresa” ____________ É moi fácil seguir o rastro desta especie de rá porque alí por onde pasa vai deixando un rastro vermello e aromático. Esta especie adoita verse nas orillas dos lagos.


“Pingunana” _________ Este animal típico da Arxentina, durante o día permanece coa cara ao descuberto pero tan pronto comeza a escurecer cúbrese con esa especie de carcasa. É dun material duro que lle permite
protexerse dos depredadores.


“Peixepolo” ___________ Este animal vive nas profundidades dos mares máis xélidos. Biólogos mariños puderon ver algunha vez algún despistado en augas máis cálidas pero de moito menor tamaño xa que para manter a súa consistencia precisa do frío.


“Maripofante” _______ Animal visto por poucos afortunados. É moi veloz e escurridizo. Habita en entornos selváticos.


“Limovispa” _________ Este insecto adoita atormentar ás plantas carnívoras. Unha vez se confían e o queren devorar, el contraataca expulsando uns ácidos cítricos pola súa parte traseira e sempre consegue librarse deixando á planta ferida.


“Xiranoria” __________ Animal que normalmente sae cara a superficie para ver a paisaxe e recibir os últimos raios de sol xa que estes lle aportan enerxía. É común ver prados enteiros de cabezas de xiranorias asomando e disfrutando daa posta de sol.


” Florlón” ___________ Esta flor tan peculiar pode atoparse na África subsahariana. Despois dun incendio ou alí onde se fixo unha fogueira, é o seu cometido avisar co seu ruxido que a vida vai voltar. Son os primeiros brotes rosas e laranxas sobre o manto negro.


” Flamingrelo” ______ Esta especie non mide máis dun metro de alto e adoitan verse polas hortas camuflados entre os grelos. Non son perigosos pero recoméndase non molestalos xa que teñen un peteiro bastante afiado.


” Chopiseta” ________ Este especimen pódese ver en pantanos do Canadá. Nos lugares onde esparce a súa tinta verde é capaz de crear ecosistemas novos.


“Cercactus” ________ Este animal normalmente ten o lombo liso. Soamente saca os seus pinchos a modo defensivo cando se sinte atacado. Recoméndase non molestalos por precaución. Habita nos montes galegos.


“Cebrallito” ________ Moitos non saben que esta especie nace totalmente de cor branca e cando vai medrando vanlle saindo as súas características raias negras. É un animal de augas cálidas e viaxa en grupos grandes.


“Camalezorca” ______ Poucos son os que viron esta especie neste estado xa que os grans amarelos cambian de cor según o seu estado de ánimo e cando fai moita calor cada un convértese nun bulto máis grande e branco, como si fose unha nube.

Guardar

Guardar

Guardar


Autor: Lara Torres
Categorías: Deseño de personaxes , Infantil/Xuvenil , Libro ilustrado , Merchandising Produto ,


Compartir