AGPI - Asociación Galega de Profesionais da IlustraciónDeseño de personaxesMulleresTristes e azuis, gatos
María Montes
Ten unha mancha de nacemento na perna dereita da cor das uvas tintas. Durante os anos que esqueceu que lle gustaba pintar, aprendeu de memoria a "Motacilla alba", o "Brachipodium distachium" e o Ciclo de Krebs, a servir cafés, a escoller ben a froita e amasar pan.
Despóis dun tempo revelador nas xélidas terras islandesas fíxose Técnico Superior de Ilustración na EASD Pablo Picasso de A Coruña (2017).
Foi o mellor que puido facer nunca.
Proxectos de ilustración editorial, cartelería e producción propia.
Colaboracións con: Bululú Editora- Cuarto de Inverno Editora - Urco Editora- AGE - Confederación ANPAS Galegas - InteRed (Galicia, EuskalHerria, Comunidad Valenciana e Cataluña) - Concello de Pontevedra (Noites abertas).