Descrición do proxecto:
Este muro está ubicado nun lugar coñecido por todos os veciños como “O Xogo dos Bolos” (Rianxo, A Coruña). O nome ven dado porque antiguamente, no prado que hai nese cruce facíanse festexos que xiraban todos en torno ao xogo dos bolos, pero dos bolos celtas. Hoxe en día ainda existen lugares onde se xoga a este xogo tradicional. O xogo consta de 18 bolos de madeira de uns 15cm que se colocan ao borde dunha pedra inclinada chamada pedra de brilar, lánzase a pelota que tamén é de madeira para tirar o maior número de bolos e á maior distancia xa que según o lugar onde caian os bolos se puntúa diferente. Antes estilábase competir entre parroquias e acordábase o número de xogadas previamente. En torno ao xogo sempre se formaba ambiente festivo de baile e comilona.
Nese prado hai un cabalo que os veciños recordan desde sempre. Por eso o retratei como observador de todo o que alí acontece encabezando a composición. A través de viñetas pódese apreciar un fio narrativo onde os bolos celtas sofren un proceso de transformación voando polos aires e pouco a pouco transformándose en seres danzantes representando así ese ambiente festivo que antigamente se creaba nese lugar.
Fotografía: Anxo Rasúa
Autor: Lara Torres
Categorías: Deseño de personaxes , Infantil/Xuvenil , Mural/Grafiti ,