Descrición do proxecto:
Pea Shooter, un exercicio de aplicación de ilustración a un produto físico. Elixín crear as cubertas dun videoxogo de PlayStation. Ademais da ilustracións e dos elementos informativos do packaging (realizado dende cero con referencias), tamén creei uns pequenos pantallazos falsos que amosan o pixel art do hipotético xogo.
Parte dos deberes da materia de Proxectos de ilustración na EASD Antonio Faílde de Ourense.
Técnica mixta de acuarelas e ilustración dixital (Clip Studio Paint e Adobe Illustrator).
Autor: Jorge Pereira Vila
Categorías: Deseño de personaxes , Lettering , Packaging , Videoxogos ,