Publícase ‘Antela e o vento’, de Pere Tobaruela e Minia Regos

A editora galega Meubook vén de publicar o álbum ilustrado Antela e o vento, escrito por Pere Tobaruela e ilustrado pola nosa socia Minia Regos. Está dispoñible a través da web de Meubook, nesta ligazón.

O libro trata sobre Antela, unha nena que recibe a inesperada visita dun ser misterioso: o vento. Os dous personaxes iniciarán unha viaxe polo mundo no que Antela coñecerá a dor da xente e as inxustizas que asolagan a Terra.

Compartir