Sálpock chega ás librarías

O álbum Sálpock – O
val dos Cegos,
asinado por Álvaro López e o noso socio Luis Sendón, chega esta semana ás librarías. Este cómic, que foi finalista do
Premio Castelao 2011, conta o primeiro capítulo dunha historia de
fantasía épica futurista, e está publicado por Demo Editorial.

Como extra para o público, o libro dispón ademais dun xogo de rol preparado ex profeso, que pode ser descargado da rede. Nas
próximas semanas, comezarán as actividades de lanzamento da obra.

Compartir