Set de Cómic

Os organizadores de Set de Cómic, entre os que se atopa o respetado
autor galego e amigo de moitos de nós, Victor Rivas, están xa a piques
de celebra-lo seu segundo set de cómic. Éste é un evento que reúne a
profesionais de todos os ámbitos do mundo do comic, dende autores e
editories pasando por libreiros, distribuidores, impresores, etc…
nestas xornadas ofrecense reunións, charlas e conferencias, coloquios,
meetings profesionais, etc…  e pretende ser unha feria do sector que
facilite a comunicación entre todas as partes implicadas na producción,
distribución e venda dos tebeos, co fin de lograr avances nas condicións
de traballo e milloras na viabilidade do mercado.

Tralo éxito da primeira edición, o segundo Set de cómic celebrarase
en Lleida os días 20 e 21 de novembro de 2009 e como nesa primeira
ocasión o público xeral poderá contemplar exposicións de destacados
autores en diferentes escenarios da cidade e os profesionais
participarán en reunións e charlas especializades. Tamén se facilitará
un punto de encontro para que os autores interesados poidan presentar as
súas propostas aos editores.

dende a AGPI animamos a todos os autores e profesionais dos tebeos a que
se acheguen ás xornadas.

Toda información sobre como acudir, tarifas e aloxamentos, programa de
actividades e demais, poderedes atopala no blogue do evento.


Compartir