O noso socio Manel Cráneo presentará as súas últimas publicacións (as obras en banda deseñada Cousas de mortos, A Torre dos Mouros e Os Lobos de Moeche, que chega á súa segunda edición) esta fin de semana en dúas librarías.
Así, este venres, día 18, a partir das 18:00, asinará exemplares en Komic (rúa San Pedro de Mezonzo 34, 15701 Santiago de Compostela), e o sábado, 19, ás 12:00, fará o propio en Metrópolis Cómics (rúa de María
183, 15401 Ferrol).
A maiores disto, sábado 26 de xaneiro participará ás 19:00 h nunha charla sobre a A Torre dos
Mouros na Fundación Wenceslao Fernández Flórez («Villa Florentina», Apeadeiro 14, 15650 Cecebre, Cambre), acompañado por Manuel Gago e Antón Malde, responsables do proxecto arqueolóxico en que
está baseado o cómic.
Dentro do plan de publicacións para 2013, Demo Editorial anuncia tamén novo álbum de Manel Cráneo: Destino Hërgüss, ambientado no universo Planeta Mincha.