Maña, sábado 10 de novembro, terá lugar no concello de Amoeiro (Ourense) un SketchCrawl ou maratón de debuxo e graffiti.
En caso de bo tempo, os participantes reuniranse ás 9:30 h en Cornoces; a partir das 13:30 h desprazaranse á vila de Amoeiro para a segunda sesión. Se chovese, o punto de reunión sería o pazo da Fundación Otero Pedrayo (Pazo de Trasalba, Trasalba, 32172 Amoeiro), onde se desenvolvería a actividade de 10:30 a 17:00 h.
Polo que se refire aos grafiteiros, comezarían ás 12:00 h nas
piscinas Costa do Monte, e en caso de chuvia no polideportivo de
Amoeiro
O concello de Amoeiro convidará a petiscos ao mediodía, polo que se pide confirmación de asistencia a través da páxina da actividade en Facebook.