A partir de hoxe, varios dos nosos socios impartirán talleres de debuxo e banda deseñada dentro das actividades dos campamentos infantís de verán organizados polo Concello da Coruña.
O título dos talleres é «Olimpíadas de Cómic», e están dirixidos a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos; realizaranse nos centros Ágora e Fórum Metropolitano, entre hoxe e o 9 de agosto.
O titulado «Deseña o teu personaxe de cómic olímpico» estará impartido por Santy Gutiérrez; «Debuxa a túa historieta olímpica» correrá a cargo de Xosé Tomás; «Como debuxar tiras de humor deportivo», terá como profesor a Alberto Guitián; «Heroes de plastilina», a Laura Blanco (modeladora 3D para filmes de animación); o «Taller de comicsetas» estará impartido por Talía; por último, «Personaxes de número e letra» estará a cargo de Suso Cubeiro.