Talleres de ilustración en Cambre

Nos informa nuestro socio Manel Cráneo que durante todo o mes de Abril, a Biblioteca Central de Cambre organiza un ano máis un dos programas máis ambiciosos de talleres para nenos dos que se veñen realizando en Galicia. A Biblioteca Central completa esta actividade anual no mes dos libros cunha exposición de ilustración. Este ano a exposición seleccionada é A FRAGA ILUSTRADA, organizada pola AGPI en colaboración coa deputación da Coruña, Concello de Cambre e Fundación Wenceslao Fernández Flórez, na que participan 23 ilustradores homenaxeando ao libro O bosque animado.

A propia biblioteca seleccionou a Emma Ríos, Manel Cráneo, Sekone, David Pintor, Noemí López, Susos Cubeiro, Óscar Villán, Luís Sendón, Manolo Uhía, Patricia Castelao e Xan López Domínguez para impartir talleres de iniciación á banda deseñada, ilustración e grafitti.

Esta intensa actividade terá o seu peche o día 30 de abril cun encontro có escritor Xabier Docampo.

A Biblioteca Central de Cambre é unha das máis activas de Galicia organizando este tipo de actividades e xa recibiu máis dun premio polo seu traballo de dinamización da lectura e promoción do libro infantil e xuvenil.

Máis información e o programa están dispoñibles aquí.

Compartir