‘The Art of Pinturero’, publicado nos EE. UU.

The Art fo Pinturero é o título da versión americana do libro de ilustracións Rapazas, do noso socio Javier Fernández Carrera, Pinturero. O volume pode ser adquirido xa na web da súa editorial, SQP Art Books, que define o contido das súas ilustracións como composto por «belas pin-ups, fadas punk dos nosos días e salvaxes doncelas guerreiras, a partes iguais». 

Ademais, a editorial empregou unha das ilustracións de Pinturero para o seu calendario 2015, que serviu de regalo promocional na pasada San Diego Comic-Con.

Compartir