‘Turo’, na web de RTVE

A banda deseñada Turo, escrita e debuxada por Mateo Guerrero e coloreada polo noso socio Javi Montes, recibe unha ampla reportaxe na web de Radio Televisión Española.

Nela, Mateo Guerrero comenta moi diversos aspectos da súa obra, e non esquece falar do colorista. Do traballo de Javi Montes di que «é marabilloso, ambiental, potente, narrativo…», e que desde que comezou coa obra o tivo en mente como colorista. «Con el, sempre estou seguro de que
vai enriquecer o traballo, achegando elementos ambientais importantes a través da cor».

Compartir