Tutorial de ilustración de Santy Gutiérrez en ‘The Art Boulevard’

O noso socio Santy Gutiérrez preparou un tutorial sobre a elaboración dunha das súas ilustracións para a web The Art Boulevard, rede de intercambio entre artistas e entidades culturais que forma parte do proxecto Conviver na Arte/Convivir en el Arte (Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal). No tutorial (que pode verse aquí, en castelán, portugués e inglés) amosa de maneira sinxela e con imaxes un dos seus métodos de
traballo, paso por paso e rematado ao final cun vídeo de todo o proceso. Ademais, tamén se pode descargar en formato PDF (2,98 Mb).

Compartir