Un Hombre Feliz de Antonio Seijas

No verao do 2006, Antonio Seijas gañou o II Certamen de Cómic Castelao coa súa obra Un Hombre Feliz. O xurado fora “comandado” por Miguelanxo Prado e composto por outros membros como Rubén Pellejero, Jorge Zetner, David Rubín, etc.
Este é un certamen do que xa resultara finalista no ano anterior, na súa primeira edición. Dito xurado destacou da obra gañadora a “súa calidade plastica e literaria, de gran forza lírica, na que destaca especialmente o traballo da cor”. Para os membros do xurado, “trátase dunha obra arriesgada polo seu carácter intimista na que atopamos un mesurado equilibrio entre o seu ascendente literario e o poder de fascinación de certas imaxes”.
Prado afirmou que “o premio Castelao non é un premio para descubrir promesas o novos autores de cara ao futuro. Trátase de premiar traballos consolidados cun nivel importante”.

Editado agora por De Ponent e cun precioso prólogo de Miguelanxo Prado.

Sinopse: Un home trata de fuxir de si mesmo e refuxiase noutro país, atormentado por un feito do seu pasado que irase desvelando. É unha historia melancólica e intimista, onde se reflexiona sobre a soedade, a beleza, a culpabilidade…

Poden verse unas páxinas do cómic na recén estreada web do autor www.antonioseijas.com

Compartir