‘Un paseo ilustrado’: exposición de David Pintor e Óscar Villán

O xoves 27 de outubro, ás 20:00 h, será inaugurada a exposición Un paseo ilustrado, que recolle obras que Óscar Villán e David Pintor teñen elaborado nos últimos anos no campo da ilustración, tanto para libros como para revistas ou outros soportes.

Segundo os organizadores, os autores, «despois de moitos anos de traxectoria profesional, quixeron traducir a súa amizade nunha exposición conxunta na que se establece un diálogo entre dúas maneiras de entender a ilustración».

A mostra poderá visitarse ata o 28 de novembro na planta baixa da Biblioteca Pública Miguel González Garcés (rúa Miguel González Garcés 1, 15008 A Coruña), no horario de apertura do edificio.

Compartir