V de BD Banda

BD Banda presentará no Saló del Còmic de Barcelona un número especial en castelán co mellor do cómic galego.

Coa intención de conmemorar os seus cinco anos de traballo, o colectivo BD Banda anuncia a publicación dun número especial que sairá á luz con ocasión do vindeiro Saló del Còmic de Barcelona, considerado o principal evento deste campo en toda a península.
A revista será publicada por primeira vez en castelán e recollerá unha escolma de boa parte dos autores que, desde o número un, veñen colaborando co proxecto. A idea é que os lectores de fóra de Galicia poidan coñecer a publicación que foi galardoada en 2005 co premio do Salò ao mellor fanzine. En total serán 100 páxinas a toda cor que incluirán o traballo 19 autores de BD galegos.

A capa irá a cargo do celebérrimo Miguelanxo Prado e incluiranse textos de opinións de persoeiros do medio a escala estatal como son Maikel de El Jueves, Álvaro Pons de La cárcel de papel ou os responsables de FICOMIC, entidade que organiza o Salò de Barcelona. Canda estes contidos o número especial incluirá unha ampla reportaxe que percorrerá o espectacular salto que deu a banda deseñada galega últimos cinco anos. Este texto conta ademais coa colaboración da sección de banda deseñada de culturagalega.org, portal de Internet do Consello da Cultura Galega e auténtico referente informativo sobre este campo no noso país.

Desde o seu nacemento, pasaron pola revista cincuenta e catro autores, publicáronse máis de cincocentas páxinas de historias e organizáronse diferentes mostras e eventos. O colectivo estivo presente nos principais encontros dedicados á novena arte tanto en Galicia como fóra do país, desde o xa mentado Saló ata o célebre Viñetas desde o Atlántico ou as Xornadas de BD de Ourense. Neste tempo boa parte dos autores que participaron no proxecto consolidaron a súa carreira profesional no campo da BD mentres que outros están en vías de desenvolver novos proxectos.

Ademais deste proxecto, o colectivo BD Banda continúa a traballar en diferentes proxectos para dar a coñecer a banda deseñada no noso país. Ademais de participar na edición da Colección BD Banda de álbumes dentro da editora Faktoría K, están a se preparar exposicións e diferentes actividades que se darán a coñecer ao longo da primavera e que querer servir tamén para celebrar estes cinco anos.

Máis información en
http://www.bdbanda.com
KIKO DASILVA tlf. 610 33 73 12

A lista total de autores que participan no evento é:

Portada: Miguelanxo Prado
Guardas : Victor Rivas
Bandas deseñadas de:
Marcos Calo
David Rubín
Miguel Porto
Miguel Robledo
Nicolás Digard
Kiko Da Silva
Manel Cráneo
Víctor Rivas
Kike Benlloch
Hugo Covelo
Carrasco
Mariví
Andrés Meixide
Alberto Guitián
Manuel Pardo
Jano
Bernal
Fernando Ruibal.

Compartir